segunda-feira, 29 de fevereiro de 2016

Lugo livre de touradas




O município de Lugo, na Galiza, é mais um município galego livre de touradas. A iniciativa de "Galicia, Mellor Sen Touradas" e a Associação "Libera" teve os votos a favor de PSOE, Lugonovo, BNG e ACE-EU, e a abstenção de PP e Ciudadanos.

São já 18 os municípios livres de touradas na Galiza.


Notícia:

O pleno do Concello de Lugo aprobou a moción da plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' e da Asociación Animalista Libera para declarar o municipio 'libre de touradas', co compromiso de que o goberno non subsidiará ou apoiará esta clase de eventos.

A aprobación pon fin a unha campaña iniciada polos colectivos animalistas e abolicionistas que chegou a recoller perto de 15.000 sinaturas e contou cos votos positivos do propio PSOE e dos grupos municipais de Lugonovo, BNG e Alternativa Cidadá de Esquerdas, mentras que o Partido Popular e os dous edís de Ciudadanos abstivéronse, sumando 14 votos a favor e 11 abstencións.

Deste xeito Lugo convertiuse no concello número 18 en sumarse a unha Galiza libre de touradas. Ademáis das dezaoito localidades que sumaron a esta rede, as deputacións da Coruña e Pontevedra aprobaron a finais de 2015 sendas iniciativas para bloquear calquera subsidio ás touradas, convertíndose nos únicos entes provinciais que se manifestaron contrarias á tauromaquia no conxunto do estado español.